[not] Observatorio Galego de e-learning: O 70% dos profesores universitarios empregan as novas tecnoloxías na docencia

Ya estamos en julio de 2006, las vacaciones están ahí para una mayoría de españoles , y como el año pasado vimos han sido presentados los datos del 2006 del Observatorio Galego de E-learning del Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Bienvenido el informe,…y las vacaciones, merecidas para todos!!!

//observatorioel.cesga.es/img/logoOBEL.gif” porque contiene errores.
Case o 70% dos profesores universitarios galegos fan uso das TIC para o desenvolvemento da súa práctica educativa e o 36% dos empregados das empresas galegas que reciben formación fano con ferramentas deste tipo. Son datos que se desprende do Observatorio Galego de e-Learning, un proxecto de investigación cuxos resultados foron presentados esta mañá no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

(jueves 27 de julio de 2006)

XORNAL I A Coruña.- O estudo, financiado pola Dirección Xeral de I+D+I, permitiu afondar nos hábitos de utilización didáctica destas tecnoloxías. Grazas a el constatouse que Galiza, pese a situarse entre as rexións cos índices máis baixos de uso das novas tecnoloxías, presenta datos moi positivos no referente a este eido.

Así, no ámbito da universidade galega, a meirande parte dos profesores empregan as TIC dende hai varios anos na súa práctica docente (78%). O maior índice de utilización, non obstante, sitúase nun nivel moi básico, centrándose en recursos elementais como o correo electrónico (81%), a navegación web (77%) ou a páxina web docente (52%). O aproveitamento íntegro de todas as posibilidades que ofrecen as TIC, materializadas por exemplo na utilización de campus virtuais, é, pola contra, aínda baixa, debido ao maior grao de formación que requiren.

Nos últimos anos, son moitas as vantaxes que se veñen atribuíndo a esta nova metodoloxía de ensino, entre elas a adaptación ao contorno físico, a súa flexibilidade de horarios, a súa intensidade ou a facilidade de acceso ao coñecemento. Ademais, estas tecnoloxías son tamén moi valoradas por resultar de grande axuda para o achegamento a colectivos de difícil acceso.

(leer más…)

Fuente: [xornal.com]

tags: , ,

Deja un comentario