Archive for the ‘cooperativas’ Category

O proxecto Nexus Rede axuda a 700 cooperativas galegas a mellorar. 14 de decembro en Santiago

diciembre 12, 2006

//www.nexusrede.org/imagenes/disenohtml/logo.gif” porque contiene errores.
# Un total de setecentas cooperativas de Galicia mellorarán a súa posición no novo escenario empresarial a través do proxecto Nexus Rede.

# O vindeiro 14 de decembro se presentarán en Santiago as liñas de accións desenvolvidas na melloría da súa xestión interna, así como as ferramentas deseñadas para xeneralizar o uso das novas tecnoloxías entre as 24.000 persoas socias e traballadoras vencelladas ao cooperativismo na comunidade

# A Consellería de Traballo impulsa este proxecto plurianual, aprobado polo Fondo Social Europeo, no que colabora a Consellería de Pesca, a Universidade de Santiago e as organizacións representativas do sector: Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Federación de Empresas Cooperativas (SINERXIA), Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao.

(…)

A XORNADA DO VINDEIRO DÍA 14.- Baixo o lema: “No camiño da adaptabilidade das cooperativas e outras entidades de economía social”, preséntanse o vindeiro día 14 en Santiago os primeiros resultados do proxecto EQUAL II NEXUS REDE. A xornada cumpre o obxectivo de amosar publicamente os resultados parciais e boas prácticas do proxecto, correspondentes ao período 2005-2006, ao tempo que executa os obxectivos recollidos no Plan de Transferencia NEXUS REDE. (…)

A Xornada de transferencia continuará pola tarde con dúas sesións temáticas diferenciadas. Na primeira sesión tratarase a teleformación, ferramenta para a adaptabilidade e mellora empresarial cooperativa, intervindo na mesma Carmen Fernández Morante, codirectora do Master e-learning TIC para a formación e a educación da USC, quen abordará: O e-learning en Galicia. Leccións aprendidas para a xestión de proxectos de e-learning; e Carmen Bouzas, da Fundación CTIC de Xixón, que falará sobre: Boas prácticas e leccións aprendidas para a xestión de proxectos e-learnign. Na segunda sesión, coincidindo co peche da xornada, intervirá Senén Ferreiro. da Consultora Valora S.L que falará da Calidade, Balance Social e Responsabilidade Social.(leer más…)

Otros enlaces de interés al proyecto:
1) NEXUS REDE, achegar aos traballadores do Morrazo as vantaxes da utilización das novas tecnoloxías como instrumento de mellor. en Vigo Metropolitano

2) El aula móvil Nexus Rede comienza en Aguiño el programa de formación de socios de cooperativas en nuevas tecnologías en ya.com

3) “Nexus Rede. Retos e Desafíos para a adaptabilidade das cooperativas e o fomento da igualdade de oportunidades en sectores estratéxicos da economía galega en Universidad de Santiago de Compostela

4) “Nexus Rede. Retos e Desafíos para a adaptabilidade das cooperativas e o fomento da igualdade de oportunidades en sectores estratéxicos da economía galega” constitúe un programa de intervención plurianual, cuxa execución remata en 2007. O proxecto agrupa a asociacións representativas da economía social galega , administración autonómica competente e universidade, co propósito común de promover respostas anovadoras para a adaptabilidade da economía social o seu entorno económico. Web del proyecto

Fuente: [varias]

tags: , , , , ,